CRTVG

Buscar

Un coche que escapaba da policía atropela un mozo ás portas dunha discoteca

Publicado o 03/10/2021 20:41

Un mozo de dezanove anos ingresou en estado grave no hospital clínico de Santiago logo de ser atropelado por un coche que escapaba da Policía Nacional. Minutos antes, os axentes detectaran o vehículo realizando manobras estrañas polo centro da cidade.

Foi sobre as catro e vinte da mañá, nun momento en que había centos de mozos na rúa tras o peche dunha discoteca. Segundo testemuñas presenciais, o coche entrou a toda velocidade na rúa Alfredo Brañas e non freou en ningún momento, nin sequera despois de levar o mozo por diante.

A vítima permanece na unidade de coidados intensivos, pero está fóra de perigo. O condutor entregouse horas despois na comisaría da Policía Local e puideron tomarlle declaración.

 

Noticias web

03/10/2021