CRTVG

Buscar

Un coche esnáfrase contra unha bocatería en Cangas

Publicado o 22/02/2019 14:01

Podería ser unha traxedia e finalmente só falamos de danos materiais. O condutor deste vehículo entraba na zona urbana canguesa esta noite cando recibiu o impacto dun Audi que saía marcha atrás dun aparcadoiro. O vehículo golpeado atravesou o carril contrario, a beirarrúa e acabou encaixado na fachada causando cuantiosos danos materiais. Os condutores quedaron ilesos.

O establecemento estaba baleiro, xa que polo de agora non ten inquilino. Se non fose así puido haber feridos, xa que eran as nove menos cuarto da noite, hora habitual de ceas, e o coche, ademais da beirarrúa onde está a terraza, invadiu o local e chegou a bater coas cadeiras e mesas do interior. Afortunadamente, tampouco pasaba ninguén por esta céntrica rúa de Cangas.

A Policía Local elaborou o atestado e realizou senllas probas de alcolemia aos dous condutores, un home e unha muller de aproximadamente 35 anos. As probas deron negativo. O local quedou totalmente exposto, polo que a súa propietaria contratou un vixilante de seguridade para que custodiase o establecemento durante toda a noite.

Noticias web

22/02/2019