CRTVG

Buscar

Un coche envorca na autovía da Lavacolla, preto de Santiago

Publicado o 17/04/2019 13:37

Trasladado ao hospital o condutor dun turismo que deu varias voltas de campá esta mañá en Santiago.

Circulaba pola autovía do aeroporto, a A-54, en dirección a Santiago. Á altura do lugar de Bando saíu da vía pola marxe dereita e envorcou.

A Garda Civil de Tráfico atribúe o accidente a unha distracción ou á somnolencia do condutor, que era o único ocupante. Saíu do coche polo seu propio pé, pero trasladárono ao Clínico de Santiago para supervisar o seu estado.




 

Noticias web

17/04/2019