CRTVG

Buscar

Un coche eléctrico para uso compartido en San Xoán de Río

Publicado o 21/05/2021 15:13

Os pouco máis de 500 veciños de San Xoán de Río dispoñen desde esta mesma semana dun coche eléctrico que poden alugar por horas para facer a compra ou ir ao médico. O propio móbil funciona como chave. Consuelo ten coche na casa, pero habitualmente precísao o seu fillo, por iso hoxe botou man deste servizo.

Precisan desprazarse para case todo e non contan cun transporte público que se adapte ás súas necesidades. Son 500 veciños repartidos en 59 aldeas. O alugueiro polo de agora é gratis para os 500 veciños de San Xoan de Río. Tras usalo devólveno na casa do concello onde está o punto de carga. É o primeiro coche eléctrico para uso compartido que se instala no rural galego.

 

Noticias web

21/05/2021