CRTVG

Buscar

Grave unha policía de Cerceda que revisaba o percorrido da cabalgata

Publicado o 05/01/2021 21:35

Un coche patrulla da Policía Local caeu por un barranco cando comprobaba o estado da estrada pola que ía transcorrer a cabalgata de Reis en Cerceda. A axente tivo que ser liberada e foi trasladada en helicóptero o Hospital Universitario da Coruña.

A cabalgata en Cerceda ía saír ás 10 da mañá. Como xeara, a muller adiantouse co coche patrulla para comprobar o estado das estradas polas que estaba previsto o percorrido. Á altura da aldea de Xalo o coche esvarou polo xeo e foise da estrada. "Son máis de 15 metros", aseguran dende Protección Civil. 

Cando a cabalgata chegou a ese punto descubriron o accidente. A muller tivo que ser excarcerada. Un helicóptero evacuouna consciente o Hospital Universitario da Coruña. Ten un brazo e varias costelas rotas e feridas nunha perna, pero está fóra de perigo.

A cabalgata foi suspendida neste mesmo punto da estrada que vai de Meirama ás Encrobas. Retirar o coche patrulla tampouco foi doado.

A cabalgata retomouse en Cerceda ás tres e media da tarde.

Noticias web

05/01/2021