Un coche cae ao río Verdugo e os dous ocupantes saen ilesos
Publicado o 18/09/2021 21:09
Un coche precipitouse ao río Verdugo ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio. Milagrosamente, os seus ocupantes, unha parella de octoxenarios, sobreviviron ao aparatoso accidente e nin sequera tiveron que ser hospitalizados, aínda que si atendidos polos sanitarios que ata alí se desprazaron.
Segundo fontes policiais, detrás do suceso está un descoido do condutor. A marea alta non permitiu aínda sacar o vehículo da auga.