CRTVG

Buscar

Un coche bate contra un montículo e acaba na horta duns veciños de Culleredo

Publicado o 25/06/2019 13:56

Tremendo susto o que levou unha parella de octoxenarios do concello coruñés de Culleredo. Espertounos a policía contra as tres da mañá para darlles conta de que un coche, despois de bater contra un montículo, foi parar á súa horta, a escasos metros da porta da casa. Porén, malia a aparatosidade do sinistro, non se rexistraron danos persoais.

Estacionado na horta de Socorro e Evangelino. Así quedou este coche que circulaba pola estrada que une as localidades cullerdenses de Acea de Ama e Vilaboa. Aconteceu contra as tres da mañá.

Sen perder un intre, Evangelino achegouse ao vehículo para mirar se había algúen dentro e poder axudalo. Malia a aparatosidade do sinistro, o condutor, que deu positivo na proba de alcolemia, saíu ileso.

"Como viría... porque para saltar o muro...", comentan os veciños.

De feito, despois do accidente xa non puideron conciliar o sono. Agora aínda tratan de recuperarse do susto que levaron.





 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019