CRTVG

Buscar

O condutor que atropelou varios peóns en Vigo perdeu o control por un esvaecemento

Publicado o 10/10/2019 16:17

• O sinistro deixou oito feridos, entre eles dous bebés

• As testemuñas din que o vehículo circulou varios metros en dirección contraria e acabou golpeando cun semáforo e un carriño

A Policía Local de Vigo informou de que un condutor de 77 anos, que puido sufrir un esvacemento segundo a declaración do seu copiloto, perdeu o control do coche e desviou a súa traxetoria cara á dereita. Invadiu a beirarrúa e atropelou o grupo de xente que estaba esperando para atravesar a rúa Fragoso. Levaron a peor parte unha señora, que foi lanzada contra dúas motos que estaban estacionadas, e dous bebés, un de 9 meses e outro de 2 anos. No atestado policial consta que outra muller resultou ferida leve.

Tras o primeiro impacto, o vehículo volveu cambiar de dirección e cruzou a vía en diagonal. Subiu á beirrrúa esquerda e acabou impactando contra unha árbore. O condutor e os outros catro ocupantes do vehículo tamén foron hospitalizados e están feridos de diversa consideración.

O forte impacto sacudiu o barrio vigués das Travesas.

Oito dos nove feridos foron trasladados polo 061 a diversos hospitais de Vigo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí