CRTVG

Buscar

Un coche ardendo e un accidente múltiple causan importantes retencións na AP-9 en Vigo

Publicado o 27/09/2019 10:39

Tremendo susto o que levou esta mañá o condutor deste vehículo. O seu coche acabou ardendo na autoestrada AP-9 en dirección a Tui. O lume comezou na parte dianteira e iniciouse por un fallo eléctrico.

Ao lugar desprazáronse bombeiros de Vigo e Emerxencias de Mos para sufocar as lapas. O incendio, en que non quedou ninguén ferido, provocou importantes retencións, xa que este carril dereito quedou cortado durante bastante tempo. 

E a choiva podería estar detrás do accidente múltiple que se produciu dentro do túnel da Madroa ao seu paso pola AP-9. O sinistro produciuse ás 7.45 da mañá e provocou importantes retencións en sentido ascendente. De feito, o tráfico non quedou restablecido correctamente ata pouco despois das nove.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019

Máis sobre vigo