CRTVG

Buscar

Un coche arde en medio da ponte de Rande e deteñen os ocupantes cando fuxían do lugar

Publicado o 03/12/2019 10:27

Un coche ardeu por completo esta mañá na ponte de Rande e pouco despois os seus dous ocupantes eran detidos pola Garda Civil cando fuxían do lugar.

 O incendio do vehículo xerou unha gran alarma entre os condutores que circulaban por este punto. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros e a Garda Civil, que acabou detendo os dous mozos que ían no interior do coche por delitos contra a seguridade viaria.

O que conducía tiña retirado o permiso, e o outro fora identificado dúas horas antes por realizar trompos cun vehículo en Poio. Ademais presentaban síntomas de ter consumido alcol e drogas. Chegaron ata a ponte de Rande cunha roda rebentada e bateron contra os laterais do vial. O incidente provocou retencións quilométricas na autoestrada AP-9.