CRTVG

Buscar

Un ciclista ourensán conseguiu modificar a normativa de luces de posición nas bicicletas

Publicado o 08/03/2018 14:25

Un ciclista ourensán conseguiu que un recurso por unha multa modifique a normativa de luces de posición nas bicicletas. Multado inicialmente por un dispositivo intermitente, a propia DXT rectifica e valida agora estes dispositivos.

Unha ruta habitual en bicicleta para un experimentado ciclista ourensán rematou cunha sanción de tráfico. Gonzalo López, de setenta e oito anos, regresaba dun longo paseo cando unha patrulla da Garda Civil lle ordenou parar. Levaba prendida unha luz intermitente, de cor vermella, que segundo a normativa, debería ser fixa.

A sanción sorprendeu aínda máis a Gonzalo posto que asegurou que, noutra oportunidade, fora felicitado por outro axente pola luz que portaba na bicicleta.

Os ciclistas recoñecen que foi grazas á sanción e á repercusión en medios de comunicación o que obrigou a Dirección Xeral de Tráfico a rectificar e validar a luz intermitente como válida na identificación dos ciclistas en estrada.

A maoiría dos ciclistas ten nas súas bicicletas unha luz led do mesmo tipo que provocou a sanción inicial da Gonzalo López. Pórtana como recurso de visibilidade na estrada, ante a presenza de vehículos. A rectificación da DXT e a retirada da sanción é considerada polo colectivo ciclista como un paso adiante na defensa do dereito a circular, perfectamente visible, polas estradas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/03/2018