CRTVG

Buscar

Un ciclista axuda unha muller que saíra da vía co seu coche na estrada que une Santiago con Boqueixón

Publicado o 09/08/2019 13:31

E este non foi o único accidente desta mañá. Unha muller tivo que ser evacuada do seu coche tras unha saída de vía na estrada que enlaza Santiago con Boqueixón, á altura de Aríns.

Os bombeiros non tiveron que intervir, posto que un ciclista que circulaba por esa estrada axudou a ocupante do vehículo a saír del. Afortunadamente a condutora non sufriu danos, aínda que foi trasladada a un centro de saúde por precaución.

A esta saída de vía súmase outra en Parada de Ribeira, en Xinzo de Limia, en que os bombeiros tiveron que liberar a ocupante do vehículo, que foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/08/2019