Os padriños seguen coa tradición de regalar o roscón de Pascua
Estamos nunha das épocas máis doces do ano. A tradición marca no calendario a Semana Santa co azucre e froita confitada de roscas e roscóns típico regalo dos padriños aos afillados no Domingo de Pascua, en cada vez máis competencia co costume mediterráneo de agasallar co chocolate dos ovos e monas de pascua. Antes facíanse na casa, agora basta con ir á pastelería.
Chega unha das épocas máis doces nas pastelerías como esta de Caldas, especializada nuns roscóns que levan o nome pero non a forma circular habitual, que non paran de vender todo ano pero nestas datas máis.
En Caldas, non preocupa a competencia cos ovos de chocalate. Os máis larpeiros, alomenos unha vez ao ano, levan o ovo pero sempre co roscón.
O roscón adoitaba facerse na casa e quen non tiña forno suficiente levábao a cocer á panadería. Unha imaxe da infancia non hai moito eran as restras de mulleres co rolo na cabeza e aunha bandeixa con varios roscóns, de ida ou volta dos fornos. En Caldas, adoitaban tamén facer o que chamaban bolo de ovos, un costume e unha receita que seica están case perdidos.
Para a casa só quedaron as frituras como as chulas de vento ou as torrixas.
A maioría láiase de non poder comer todo o roscón que quixera pero axiña lembra o refraneiro popular e convéncese de que unha vez ao ano non fai dano.