CRTVG

Buscar

Un centro educativo de fauna salvaxe do mundo en Paderne

Publicado o 18/04/2019 13:45

As vacacións sempre son diferentes cando hai cativos na familia. Cómpre connxugar os seus intereses e os dos adultos e planificar visitas que os conxuguen. E hai lugares nos que toda a familia está dacordo como Corax Fauna, en Betanzos, un centro educativo de fauna salvaxe, froito da paixón polos animais do seu propietario desde que era ben cativo. Agora, compártea co fillo e con todos os que se queiran achegar.

Segundo tivo uaan soño de pequeno e tardou en cumprilo, pero aquí está, materializado desde hai dez anos en Corax Fauna, un centro educativo preto de Betanzos, no que acolle os seus seres máis prezados, os animais salvaxes, desde os corvos que lle dan nome á finca ata os felinos máis grandes do planeta.

Este tempo de vacacións non paran de recibir grupos ávidos de ver de preto uns animais que decote só miran nos documentais da tele ou, no caso dos pequenos, nas películas de animación. E o abraio é igual veñan de Madrid ou da mesma Coruña, e teñan a idade que teñan. 

A familia de Corax ofrece tamén a posibilidade de ser coidadores por un día no centro colaborando na limpeza ou na comida dos animais, algo que entusiasma os pequenos. A maiores pódense facer visitas privadas nas que interactuar máis facilmente cos bechos, alomenos cos máis pequenos.

Visitalos máis ca un divertimento. O centro e a familia queren axudar a que a xente coñeza os animais e aprendan a respectalos. Daí que estean a desenvolver un programa de cría en cativerio ca águia real cos seus dous exemplares. macho e femia, en colaboración ca Xunta de Galicia.

No seu futuro está colaborar con distintos centros no rescate e recuperación de animais maltratados para darlles unha boa vida, se non no seu hábitat natural, alomenos o máis felices posible entre os amigos da fauna que  visitan este centro todos os días. 

 

 

 

Noticias web

18/04/2019