CRTVG

Buscar

Un centro de saúde de Lugo, na proba piloto sobre o novo sistema de citas de Atención Primaria

Publicado o 25/10/2021 09:21
Un centro de saúde de Lugo, na proba piloto sobre o novo sistema de citas de Atención Primaria

Hoxe arranca o novo sistema de citación nos centros de saúde. O prototipo estréase en dous ambulatorios, un deles está na cidade de Lugo.

O novo sistema de citación o que busca é derivar o paciente ao profesional máis axeitado para resolver o seu problema de saúde. Así, ao descolgar o teléfono, o persoal sanitario faralle a pregunta de cal é o motivo da súa consulta, e coa resposta saberá a atención que precisa e se ten que ser presencial ou telefónica.

O obxectivo é axilizar os circuítos e protocolos de atención nos centros de saúde co fin de mellorar a calidade asistencial. Este novo sistema foi bautizado como Xestión Integral da Demanda en Equipo. É pioneiro e único en España. No seu deseño participaron máis de 40 profesionais que elaboraron unha guía con máis de 500 motivos de consultas.

Noticias web

25/10/2021