Un cento de transportistas do carbón péchanse nos concellos das Pontes, Ferrol e Vilalba
Publicado o 10/09/2019 15:50
Os transportistas de carbón do porto exterior de Ferrol á central térmica das Pontes retomaron as mobilizacións. Máis dun cento deles decidiron pecharse nos concellos das Pontes, Ferrol e Vilalba. Piden que se reactive a actividade da central de Endesa, paralizada desde hai máis de catro meses. Reclámanlle ao Goberno central unha transición enerxética menos prexudicial.
Unha delegación dos 21 alcaldes das provincias da Coruña e Lugo vanse reunir nas próximas horas coa ministra de Transición Ecolóxica en funcións para pedirlle medidas para que a maior central térmica de España poida seguir producindo.