CRTVG

Buscar

Un cento de persoas piden na Coruña intensificar a busca de Emilio Pintor

Publicado o 14/03/2019 22:09

Un cento de persoas, entre elas o alcalde da Coruña, pediron este serán que se intensifique a busca de Emilio Pintor, desaparecido hai 22 días nos arredores do encoro dos Peares.

A súa muller, Ana, e os dous fillos da parella presidiron a concentración, agradeceron o apoio da cidadanía e pediron toda a colaboración posible.

Os servizos de emerxencia buscaron a Emilio con drons, cun sonar e con mergulladores pero as prospeccións non deron resultado.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019