CRTVG

Buscar

Un cento de figuras a tamaño real fan as delicias de grandes e pequenos no belén de Viveiro

Publicado o 25/12/2018 14:45

Un entorno especial para acoller un Belén único. Estamos en Viveiro, en plena zona histórica, rodeando a igrexa de Santa María. Aquí preto dun cento de figuras de cartón-pedra e con tamaño natural dan forma a un espectucular nacemento que fascina por igual a veciños e visitantes.

Xa naceu o neno e está no berce nai, os reis magos están de camiño e moi preto tamén atopamos a Herodes no seu castelo pero ademais dos pasaxes evanxélicos típicos tampouca faltan os oficicios tradicionais. Algúns deles mesmo contan con figuras articuladas.

Este é un belén totalmente artesanal e detrás de cada figura e de cada decorado hai un minucioso traballo que medra cada ano. Aquí non paran de innovar e de sumar cousas novas.

Este Belén xigante de Viveiro poderase visitar ata o vindeiro 13 de xaneiro

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/12/2018