Un centenar de galegos, entre os afectados pola estafa con criptomoedas
Publicado o 11/05/2021 21:10
Unha empresa, Arbistar 2.0, neste caso con sede en Tenerife, e un gancho: a promesa dunha rendibilidade de entre un 8 e un 15 % mensual na arbitraxe de bitcoins. Os investidores só tiñan que comprar a moeda dixital a baixo prezo e vendela noutro mercado de intercambio a prezo máis alto.
Que pasou cos que o fixeron? Pois que esa prometida rendibilidade nunca lles chegou. O caso está xa na Audiencia Nacional, a estafa acada os 100 millóns de euros e podería afectar preto de 32.000 persoas, delas, un centenar de galegos.
Recuperar o investido dependerá de varios factores. Trátase da maior trama piramidal con criptomoedas. Ante ofertas con produtos tan novos como estas moedas virtuais recomendan asesorarse ben antes de investir.