CRTVG

Buscar

Un Celta sen pegada empata co Valladolid (0-0)

Publicado o 30/11/2019 11:07
Foi a estrea do técnico Óscar García en Balaídos

 

A estrea de Óscar García en Balaídos mereceu mellor sorte, aínda que nos primeiros minutos o equipo saíu desenchufado e sen a intensidade das últimas semanas.

Así chegaron as ocasións do Valladolid, onde Guardiola era un problema para os centrais celestes.

Cando o equipo vigués tivo a pelota e avanzou na presión melloraron as prestacións. Aspas, que formou arriba con Pione e Mina, rouba en banda dereita e acaba unha xogada na que non adoita errrar, pero queda case sen espazo para armar a perna.

E logo está o do rehabiliado Pione Sisto, involucrado no xogo e confiado nos seus lanzamentos, malia que desta volta o seu tiro foi desviado por Masip.

Araújo foi outro dos destacados, á saída deste córner mete a cabeza para unha nova parada de Massip.

E outro roubo de Aspas e outra carreira interminable que recendía ao tanto da pasada semana na Cerámica, pero chegou sen folgo e o recurso da paradiña non fuincionou. Bastoulle a Massip unha boa colocación para aguantar o lorchazo centrado.

E coa entrada de Rafinha por Denis o equipo gañou pouso e mellorou nos últimos vinte minutos nos que Fernández e Beltrán, que tamén entraron na segunda metade tamén destacaron.

Precisamente foi o Touro o que fixo unha acción pola banda dereita que provoca un remate franco de Santi Mina que se vai lambendo o pao esquerdo da portería pucelana.

Faltoulle puntería ao Celta que non conseguiu o segundo triunfo consecutivo, pero ben se ve que progresa a lume maino.

Noticias web

30/11/2019