CRTVG

Buscar

Un Celta de menos a máis non pode co Valladolid

Publicado o 30/11/2019 19:10
Óscar Gacía, moi satisfeito cos suplentes

Na súa chegada a Balaídos, Óscar García escoitou os primeiros berros de ánimo. Sobre o campo, axiña mudou o xesto. Os primeiros minutos foron complicados, cun Valladolid presionante e sen ocasións para os celestes. Así, Óscar García, o técnico dos celestes recoñeceu que "nos primeiros 30 minutos non estivemos como quero que esté un equipo meu. Despois houbo unha reacción"

Pasada a media hora de xogo, o Celta erixiuse en dominador. Iago Aspas tivo dúas opcions, as dúas logo de recuperacións, as dúas con idéntico final. Carreira e disparo que atopa a intervención de Masip. Especialmente destacada foi a segunda, que lembrou e moito á do terceiro gol en Vilarreal. Polo medio tamén o tentou Pione Sisto, un xogador que medrou en confianza.

O partido era xa dunha única dirección pero o Celta precisaba unha marcha máis. Atopouna Óscar no banco. Primeiro Fran Beltrán por Lobotka, despois Rafinha por Denis Suárez e por útimo o Touro Fernández por Pione Sisto. Especialmente destacada foi a aportación do uruguaio, que a pouco do final protagonizou unha excelente xogada da que non puido tirar proveito Santi Mina. O Touro e o resto de substitutos gañaron os eloxios do míster. Para Óscrar García, "non é fácil saber desde o banco e que se note e os tres fixérono perfectamente. Estou moi contento sobre todo co Touro que está adestrando moi ben e merécese moitos máis minutos dos que está disputando"

Ata o final tentouno o Celta. Para Óscar García Junyent é o camiño. "Estamos medrando como equipo. Estanse facendo as cousas ben, os xogadores están adestrando ben. Analizaremos o porqué non saimos como queriamos os primeiros 30 minutos e a seguir medrando".

Noticias web

30/11/2019