CRTVG

Buscar

Un celador do CHUO homenaxea os compañeiros que o coidaron durante a covid

Publicado o 09/12/2020 15:14

Máis de tres décadas leva Esteban traballando de celador na sanidade pública. Este ano viu como a covid o prostraba nunha cama a principios do mes de abril, no mesmo hospital en que traballa dende hai vinte anos.

E é precisamente a eses compañeiros da sexta sur, unha das plantas reservadas para os ingresos covid, aos que hoxe quixo renderlles homenaxe. Unha placa agradece o seu esforzo e o cariño con que o trataron durante a súa convalecencia.

E agora, meses despois, fai un chamamento: pide conciencia e responsabilidade para ser quen entre todos de facerlle fronte á pandemia.

Noticias web

09/12/2020