CRTVG

Buscar

Un cazador ferido nunha cacería e unha lea noutra, incidentes da xornada de caza en Lugo

Publicado o 09/02/2019 21:27

Dous incidentes hoxe na provincia de Lugo durante varias cacerías. No primeiro, en Portomarín, un cazador que participaba no campionato provincial de caza do raposo tivo que ser evacuado en estado grave despois de dispararse accidentalmente nun pé. Estas imaxes son dun incidente entre un cazador da cuadrilla As Balas e varias activistas cando viaxaban no seu coche. O cazador, ao seu paso, disparou ao aire. Segundo El Progreso, o presidente do tecor condena o suceso. A plataforma para a Defensa Animal e da Natureza, á que pertencían as mulleres denuncian que na cuadrilla había un menor de idade.
 

Noticias web

09/02/2019