CRTVG

Buscar

Un cazador está ferido grave tras o ataque dun xabaril nunha batida

Publicado o 02/10/2020 13:59

En Lugo, un cazador está grave tras ser atacado por un xabaril durante unha batida. O home foi intervido de urxencia e segue ingresado no hospital Lucus Augusti.

Descoñécense as causas do accidente, pero todo apunta a que o animal estaba ferido cando atacou o cazador. A rápida intervención dos compañeiros foi vital para evitar que a agresión fose a máis. O ferido é un veciño de Ribeira de Piquín.

Noticias web

02/10/2020