CRTVG

Buscar

Bos días

Un cazador de Muros descobre un petróglifo de catro mil anos de antigüidade

Publicado o 07/05/2013 09:39



Nas Pedragueiras, no Concello de Muros, un cazador deu cuns petróglifos escondidos pola maleza. Trátase, segundo o historiador e arquiveiro Pablo Sanmartín, de dúas estacións importantísimas para a arte rupestre galega. Os gravados ainda están sen catalogar pero todo indica que pertencen ó ano 2.500 antes de Cristo.

Antonio Suárez e Domingo Rama son de Louro, no Concello de Muros, e coñecen estes montes por telos andado desde ben cativos, cando xa eran amigos. O fillo de Antonio, cazador coma o pai, chegou á casa coa nova do descubrimento dun petróglifo nas Pedragueiras, zona que hoxe está invadida pola maleza.

Domingo Rama, carpinteiro e fotógrafo afeccionado, atopouse un día por casualidade cun colectivo de estudosos da prehistoria, o colectivo A RULA, e contoulles o descubrimento do seu amigo Antonio.

Entre os que escoitaban con atención estaba un historiador e arquiveiro, Pablo Sanmartín

Estes dous paneis de arte rupestre de recente descubrimento e ainda sen catalogar están moi cerca do xacemento máis emblemático do concello de Muros, a Laxe das Rodas. Este petróglifo foi descuberto nos anos cincuenta polo mestre franciscano de Domingo e Antonio, o padre Agustín. El iniciou toda unha comarca no amor polos gravados na pedra. Casualidade ou non, entre Muros e Carnota hai máis de 50 estacións de arte rupestre.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

07/05/2013