CRTVG

Buscar

Un catedrático da USC réstalle credibilidade ao informe sobre a mina de Touro dun científico dos EUA

Publicado o 03/07/2019 14:35

Un catedrático da Universidade de Santiago, defensor do proxecto da mina de Touro, asegura que o informe do científico estadounidense presentado pola plataforma en contra da mina é propagandístico e réstalle credibilidade. Felipe Macías insiste na seguridade das balsas de lodo que se pretenden constríur e nega o impacto no agro ou gandería: "Temos uns tecnosoles redutores que impiden a oxidación. Temos humedais reactivos que tratan as augas sen que acaden a condición hiperácida" e engade que "pode coexistir perfectamente a explotación mineira coa cabana gandeira lindando inmediatamente despois da mina".

 

Noticias web

03/07/2019