CRTVG

Buscar

Un caso positivo de coronavirus obriga a pechar unha escola unitaria en Dodro

Publicado o 17/09/2020 14:49

Esta pequena escola do municipio de Dodro tivo que pechar as súas portas despois de dous días aberto.

O positivo dunha menor de 5 anos, que se contaxiou no ambiente familiar, obrigou ao centro a mandar os 15 alumnos matriculados á casa.

O escaso número de estudantes provoca unha convivencia directa entre eles, polo que todos tiveron que volver aos seus fogares a gardar corentena. 

Os pais dos nenos afectados quéixanse da falta de información, da escasa organización e da ausencia de probas para os cativos. A menor é asintomática e temen que ocorra o mesmo cos seus fillos por iso solicitan solucións. 

A todo isto súmase o problema da conciliación. Son poucos os pais que se poden facer cargo dos pequenos que están illados. Nesta pequena aldea de Chenlo, gran parte dos nenos están ao coidado dos avós. 

Dende a reapertura dos centros escolares, hai tan só un par de días, as cifras de positivos entre profesores e alumnos non deixan de medrar.

Nas últimas horas súmaronse máis aulas e escolas que tiveron que pechar por casos positivos de coronavirus. 

 

 

Noticias web

17/09/2020