CRTVG

Buscar

Outros dous casos de coronavirus en Madrid elevan a 14 os afectados en España

Publicado o 27/02/2020 12:37

O doente de Sevilla é o primeiro caso de contaxio local en España

Os dous novos casos de Madrid engádese ao de Valencia e da Gomera e eleva a catrorce as persoas contaxiadas por coronavirus en España.

Un dos infectados en Madrid ésta ingresado na UCI do hospital de Torrejón de Ardoz. Ten 67 anos e non viaxou a ningún país de risco. 

Dos infectados En España 4 están en Tenerife.A Consellería de Sanidade do Goberno de Canarias confirmou un novo positivo na illa dunha residente no municipio de Valle Gran Rey relacionado co foco de Italia. No departamento precisaron que esta muller, que estivo de viaxe en Italia entre o 4 e o 8 de febreiro, está ingresada e en illamento no Hospital Xeral da Gomera. 

Pero o caso máis rechamante é o confirmado esta tarde en Sevilla. Dáse a circunstancia de que é o primeiro que se contaxia sen ter contacto previo con persoas ou zonas de risco. As autoridades sanitarias insisten en pedir tranquilidade á poboación.

Un home de 62 anos, ingresado desde hai dias con síntomas de pneumonía nun hospital sevillano, é o primeiro caso de contaxio local de coronavirus en España.

Asegura o director xeral de Saúde Pública de Andalucía que o home non tivo contacto con ningunha persoa enferma que lle puidera transmitir o virus nin viaxou ao estranxeiro. A  responsable de Medicina Preventiva  di que o paciente tivo unha xuntanza de traballo dias antes de poñerse enfermo e por esa razón están investigando as persoas que estaban nesa xuntanza.

Ata este momento hai diagnosticados dez casos. A maioría, relacionados co brote de Italia, coma os catro turistas da Lombardia que se aloxan nun hotel de Tenerife, pechado con sete pechos desde que o luns se confirmara o positivo dun deles.

As chamadas á calma son unha constante, e as autoridades insisten: as máscaras non serven para nada.

Fernando Simón, o director do Centro de Alertas e Emerxencias sanitarias di que as máscaras son de utilidade para as persoas que teñen síntomas, pero que non ten ningún sentido que o resto da poboación as use.

Todos os enfermos evolucionan ben. É o previsto, xa que, segundo os expertos, de cada cen casos, 80 non presentan síntomas, 15 teñen síntomas pero curan sen problemas e cinco precisan tratamento específico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2020