CRTVG

Buscar

Un caso activo menos e só tres persoas ingresadas por coronavirus en Galicia

Publicado o 01/07/2020 11:41
Un caso activo menos e só tres persoas ingresadas por coronavirus en Galicia

O número de casos activos por coronavirus en Galicia sitúase este mércores en 313, un menos ca onte. Só houbo un aumento de casos na área de Lugo (+3) debido ao brote da Mariña. Pero ao mesmo tempo descenderon en Santiago, Ferrol, Vigo e Ourense (-1), co que o saldo é negativo no conxunto de Galicia.

Outra das novidades é que houbo outra alta hospitalaria, polo que xa só quedan tres persoas ingresadas por mor da covid-19 en centros sanitarios galegos. O resto dos afectados están sendo tratados nas súas casas. Dez persoas máis ingresan desde hoxe a lista de curados.

Nas últimas 24 horas fixéronse en toda Galicia 3.200 probas PCR.