CRTVG

Buscar

Un carpinteiro xa falecido, responsable do gran belén de Parada de Sil

Publicado o 06/12/2018 19:24

Este nacemento recrea ben os costumes da Ribeira Sacra, os oficios tradicionais e as escenas cotiás do campo, moitas delas, coma esta da malla, desaparecidas a día de hoxe.

Foi seu pai, que era carpinteiro, o que fixo todas as pezas deste belén, unhas 200. Tamén elaborou coas súas mans as pequenas construcións. Con madeira, cartón e barro sen cocer. Por iso, o concello de Parada de Sil o ano pasado investiu 30.000 euros para que unha empresa especializada o restaurase. O belén comezou a facelo no ano 84.

José faleceu no 2013 con 101 anos, tiña 100 e aínda se achegaba a diario á capela de San Ramón para supervisar o seu belén. Quen queira ver esta obra de arte pode achegarse ata aquí calquera día, en horario de mañá e de tarde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018