CRTVG

Buscar

Un carniceiro vigués aumenta as súas vendas a través dunha conta en Instagram

Publicado o 16/08/2021 19:35

Abríu a conta de Instagram hai varios anos, pero non foi ata que chegou a pandemia que empezou a sacarlle partido. Agora vende tanto por Internet como na carnicería.

Hugo refírese ao seu oficio con moito humor e ofrece tamén consellos aos consumidores para sacarlles o mellor proveito aos seus produtos.

As súas tres carnicerías, coma esta situada no supermercado Dia do barrio vigués de Lavadores, son o seu estudio de rodaxe.

En poucos meses, pero con moita constancia, el e o seu equipo de profesionais dedicados ás redes sociais conseguiron popularizar a súa imaxe de marca.

Noticias web

16/08/2021