Un cantante pontevedrés, décimo no concurso homenaxe a Elvis Presley en Birmingham
Publicado o 02/02/2019 12:32
Case 50 anos despois da súa morte o mito de Elvis Presley segue vivo. Tanto que hai moitos que viven de imitalo, os chamados artistas tributo. Por exemplo, Alex Morán, un pontevedrés que vén de participar nun concurso internacional de imitadores celebrado en Birmingham. Falamos con Alex antes de que viaxara á cidade inglesa e volvémolo facer agora despois da súa participación no certame. Quedou de décimo, un posto que, segundo nos dixo, non está nada mal para ser a súa primeira vez... pero non a última.