CRTVG

Buscar

Un can perigoso sen licenza nin seguro ataca e deixa malferido outro can en Pontevedra

Publicado o 08/05/2019 14:30

O can de raza perigosa botouse contra un pequeno na cima da rúa Mestre Soutullo, en Pontevedra, onte á tarde. Un mozo que encontramos de paseo co seu can foi testemuña do suceso nos instantes posteriores á agresión.

Un ataque dun can de presa a un pequeniño que anda moito pola zona. Cando me acheguei, vin o dono co can tremendo subido ao coche e o outro can (agresor) solto e intentando subir ao coche para seguir atacándoo. O dono deste apareceu despois duns minutos co bozo e a correa na man, pero o can estaba sen colar nin nada. Non sei se o soltou ou se andaba sen el.

Segundo a testemuña, o pequeno quedou gravemente ferido, porque o grande o atacou no pescozo. O dono do can atacante incumpría requisitos esenciais que establece a lei para ter un can potencialmente perigoso.

O animal ten que estar perfectamente identificado, con microchip e pasaporte europeo, ter licenza municipal e incribilo no rexistro de animais potencialmente perigosos. O can ten que ir sempre con correa, non extensible de menos de dous metros de longa e o bozo homologado. Para poder inscribilo ten que pasar un psicotécnico, ter un seguro de responsabilidade civil e ter o historial de penais, pedilo na policía. Con todo iso vai ao Concello e xa llo inscriben no rexistro.

As sancións que fixa a norma van dos 500 aos 30.000 euros. Aínda así, son moitos os donos de cans potencialmente perigosos que incumpren.

Noticias web

08/05/2019