CRTVG

Buscar

Un campionato de caza de raposo enfronta a defensores dos animais e cazadores

Publicado o 18/01/2020 15:39


Co monte como escenario natural, a polémica entre defensores dos animais e cazadores volve activarse. O campionato galego de caza de raposo é o detonante dun enfrontamento que parte de situacións moi distantes.

A distancia acórtase no monte, pero impide a actividade cinexética. A planificación da xornada é moi distinta para cada un dos colectivos.

Situación conflictiva que desta volta afecta aos montes de Láncara e Triacastela. Ademais ten como trasfondo unha praga de ratas que afecta negativamente aos cultivos e é o raposo é o animal que as caza. Na federación manteñen que estas zonas están vetadas.
 

Noticias web

18/01/2020