CRTVG

Buscar

Un camión envorca na autovía do Barbanza e obriga a cortar un carril

Publicado o 27/09/2019 21:33

Un accidente na autovía da Barbanza obrigou a cortar un dos carrís á altura de Rianxo.  Ocorreu á altura do quilómetro 21 da autovía da Barbanza. Un camión cargado con barras de ferro envorcou en plena autovía e quedou na beira. A Garda Civil de Tráfico tivo que cortar un dos carrís de circulación en prevención de que a carga do camión accidentado se desprazase e puidese invadir a calzada. O condutor do camión quedou ferido.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/09/2019