CRTVG

Buscar

Un camioneiro de Vilalba, presunto autor dun accidente ao conducir bébedo en sentido contrario

Publicado o 28/02/2020 21:11
Un camioneiro de Vilalba, presunto autor dun accidente ao conducir bébedo en sentido contrario

A Garda Civil investiga un camioneiro de Vilalba como presunto autor de ata catro delitos contra a seguridade vial.
Son condución temeraria, lesións por imprudencia grave, condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas e abandono do lugar do accidente.
Ao parecer, conducía bébedo cando invadiu co seu camión o carril contrario e deixou un ferido grave. O sinistro tivo lugar no concello coruñés de Sobrado dos Monxes.
 

Noticias web

28/02/2020

Máis sobre Vilalba