CRTVG

Buscar

Un camión queda bloqueado nunha pequena estrada de Chapela

Publicado o 09/10/2019 14:32

Sobre as seis da mañá os veciños do camiño do Penisal, en Chapela, amencían coa vía bloqueada e cun condutor, o dun tráiler, desesperado.

Non é a primeira vez que un tráiler queda atrapado neste camiño. No último ano, esta situación repetiuse tres veces. Nunha delas foi preciso un guindastre, noutra o camión saíu levando por diante muros e tendido eléctrico.

O problema desta vía é que, amais de estreito, soporta moito tráfico e fai imposible o paso de dous coches á vez. A isto únese que carece de beirarrúas, o que fai moi perigoso o tránsito de persoas.

Cren que a solución é sinxela, pero de momento non se levou a cabo por parte do Concello, que xa foi avisado da problemática por parte dos veciños.

Agardan que a solución chegue canto antes para que siatuacións coma esta non se repitan.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/10/2019