CRTVG

Buscar

Un camión queda atascado nun túnel no Barco de Valdeorras ao tratar de cruzar co basculante levantado

Publicado o 23/10/2020 19:27
Un camión queda atascado nun túnel no Barco de Valdeorras ao tratar de cruzar co basculante levantado

Ocorreu contra as seis da tarde deste venres, no km 1 da estrada que vai desde O Barco de Valdeorras a Vilafranca do Bierzo. Un camión circulaba co basculante levantado e bateu contra o túnel que trataba de pasar, e que discorre baixo a estrada N-120. 

O condutor do camión quedou ferido e tivo que ser trasladado ao hospital do Barco, onde está a ser atendido.