CRTVG

Buscar

Un camión que transportaba restos de animais perde carga en Santa Cruz de Arrabaldo

Publicado o 13/06/2018 14:04

Un camión que transportaba xurro e desperdicios animais dunha depuradora de Coren perdeu parte da carga.

Foi pasadas as nove da mañá na Nacional 120, en Santa Cruz de Arrabaldo, no concello de Ourense. A Garda Civil regulou o tráfico mentres os bombeiros limpaban o treito de estrada afectado.Ao tratarse dunha vertedura contaminante e moi fedorenta tívose especial coidado de que non chegara aos acuíferos a través da recollida das augas pluviais. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018