CRTVG

Buscar

Un camión de lousa bate contra unha vivenda en Vilamartín de Valdeorras

Publicado o 22/02/2021 09:19
Un camión de lousa bate contra unha vivenda en Vilamartín de Valdeorras

Un camión de lousa saíu da vía e bateu contra unha vivenda. Ocorreu ás 5:35 no quilómetro 52,200 da N-536 en Arcos, no concello de Vilamartín de Valdeorras.

Por circunstancias que aínda están pendentes de determinar, un cable de teléfono descolgouse e seccionou unha parte da cabeza tractora do vehículo articulado, o que provocou a perda do control por parte do condutor, que acabou por saír da vía pola marxe esquerda e bateu posteriormente contra o peche dunha leira.

O condutor quedou ferido leve, pero o acompañante atópase en estado grave e foi trasladado ata o hospital do Barco.