CRTVG

Buscar

Un camión perde parte da carga en Vilagarcía e deixa centos de atúns sobre a estrada

Publicado o 09/01/2019 19:15

Un incidente en Vilagarcía deixounos hoxe unha imaxe sorprendente sobre todo para os condutores. A rotonda do Salgueiral, que enlaza a estrada PO-548, coa vía galega VG 4.7, no Carril. 

Un camión perdeu parte da carga no Salgueiral. Centos de atúns caeron sobre a estrada, nunha rotonda de Vilagarcía. Uns minutos antes das tres do mediodía, abríaselle o portón traseiro a un camión e deixaba a vía sementada de peixe.

Ao lugar desprazáronse efectivos da Garda e de Protección Civil, da Policía Local e os servizos de urxencias de Vilagarcía, amais de de mantemento de estradas, polo que non houbo retencións, xa que se deixou habilitado para o tráfico un carril. En menos de hora e media a vía estaba limpa e a situación normalizada.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/01/2019