Un camión perde a carga nunha saída da AP-9 en Santiago
Publicado o 10/12/2019 10:26
• Crónica telefónica de Noelia Rodríguez
Varios vehículos sufriron danos á primeira hora da mañá deste martes en Santiago de Compostela despois de que un camión que circulaba pola AP-9 perdese parte da súa carga.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, polo menos tres vehículos finalizaron con danos ao impactar coa carga que transportaba o camión no punto quilométrico 66,500 da autoestrada, sentido norte, sen que ningunha persoa resultase ferida.
Foron varias persoas particulares as que alertaron ao 112 Galicia do ocorrido uns minutos antes das 7:50 horas.
A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, do servizo de mantemento da autoestrada e da Policía Local.