CRTVG

Buscar

Un camión golpea o guindastre que asistía outro vehículo na AP-9, en Padrón

Publicado o 27/05/2019 21:10

Graves atrancos causou un aparatoso accidente, no termo municipal de Padrón, entre os quilómetros 88 e 89 da AP-9. Contra as sete menos 20 da tarde, un tráiler con remolque para madeira, que ía sen carga e que circulaba sentido a Santiago, golpeou un guindastre e o vehículo que estaba atendendo.

A violencia do impacto levou o camión máis aló da varanda de protección pero, afortunadamente, os condutores, únicos ocupantes dos vehículos, están ben. Malia todo, un dos carrís da autoestrada tivo que ser cortado provisionalmente ao tráfico.

Ao lugar tiveron que desprazarse efectivos da Garda Civil, do GES de Padrón e de Protección Civil de Ordes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/05/2019