CRTVG

Buscar

Reábrese a autovía do Barbanza tras envorcar un camión que deixou un ferido

Publicado o 14/03/2018 09:41

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico rexistrado na mañá deste mércores ao envorcar o remolque dun camión na Autovía do Barbanza no municipio de Rianxo (A Coruña). A circulación do tráfico xa foi normalizada.

Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 9,10 horas deste mércores na Autovía do Barbanza, AG-11, dirección Padrón á altura dunha ponte.

O propio camioneiro implicado no accidente indicou ao 112 Galicia que lle envorcaba o remolque do camión e particulares que circulaban pola zona advertiron de que perdera parte da carga o vehículo sinistrado, que transportaba madeira e plástico.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial para atender a unha persoa que foi trasladada a un centro de Atención Primaria da zona, confirmaron fontes sanitarias. Ademais, persoal de limpeza e mantemento da vía sinalou que, a causa do accidente, rexistráronse problemas na circulación á altura da ponte de Taragoña nos dous carrís sentido Padrón (A Coruña). Por iso, os Bombeiros de Boiro traballan tamén na zona para restablecer a normalidade canto antes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018