CRTVG

Buscar

Un camión empótrase contra un poste de formigón en Vilalba

Publicado o 16/02/2019 17:57

Aparatoso accidente dun camión en Vilalba. O vehículo saiu da vía e foi dar contra un poste que soporta un dos pasos elevados da A8. O camión envorcou e perdeu parte da súa carga, tubos metálicos, contra ós que acabou chocando outro vehículo. Nin o camioneiro nin os ocupantes do turismo quedaron feridos. A A8, á altura da entrada de Mourence, estivo cortada, ata que se limpou a vía.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/02/2019