CRTVG

Buscar

Un camión de transporte de leite arde cando circulaba pola AP-9, en Abegondo

Publicado o 01/07/2019 21:26

Un camión de transporte de leite ardeu, cando circulaba pola AP-9 en dirección á Coruña O sinistro producíuse contra as cinco e media da tarde no quilómetro 28,5 á altura do concello de Abegondo. As lapas só afectaron á parte de atrás da cisterna que ía baleira, segundo informaron os bombeiros de Ordes. Nigunha persoa resultou afectada polo lume. A causado accidente podería ter a súa orixe, segundo os primeiros datos,no reventón dunha roda. A Garda Civil de Tráfico tivo que cortar un dos carrís da autoestrada mentres se realizaban os traballos de extinción, pero non se rexistraron retencións.
 

Noticias web

01/07/2019