CRTVG

Buscar

Un camión cisterna cargado de leite sae da vía circulando pola A-6, en Betanzos

Publicado o 10/02/2020 14:39

Un camión cisterna cargado de leite saíu da vía esta mañá cando circulaba pola A-6, preto da peaxe de Macenda, en Betanzos.

Aconteceu pouco antes das sete da mañá por causas que aínda se descoñecen. A condutora saíu ilesa e non houbo derramamento do líquido de carga nin tampouco do camión. Con todo, o accidente afectou o tráfico, xa que á primeira hora da mañá o carril dereito estivo pechado á circulación.

Noticias web

10/02/2020