Un camión bloquea a estrada entre Xinzo e Bande
Publicado o 23/01/2020 13:51

Un camión quedou atascado esta mañá na estrada OU-301 que vai de Xinzo de Limia a Bande, no quilómetro 21, xa no termo municipal de Bande.
O vehículo dispoñíase a cruzar unha pequena ponte en curva e o semirremolque que arrastraba bateu contra os petrís e quedou bloqueado ao saírse parcialmente da calzada as rodas do lado esquerdo.
A estrada está cortada e sinalizada por mantenento da vía entre os puntos 23.300 e 15.800. Nestes momentos realízase o paso alternativo por otras estradas do concello, mentres se agarda que un guindastre con pluma poida retirar o camión.