Un camión avariado que transportaba un tramo dun xerador eólico corta o tráfico na N-541
Publicado o 11/02/2021 15:38
Unha avaría nun vehículo de transporte especial que levaba un tramo dun xerador eólico mantén cortado ao tráfico o carril dereito e parte do esquerdo da estrada N-541 en dirección a Pontevedra.
Ocorreu onte pola tarde cando o vehículo sufriu a rotura dunha peza e quedou inmobilizado na estrada, á altura do concello ourensán de Punxín, no punto quilométrico 14,2. Os camións que teñen que empregar esa vía, poden circular ese treito pola autovía AG-53, mentres non se repara e se retira o vehículo avariado.