CRTVG

Buscar

'Un Camiño de historias', un espazo común para as testemuñas dos peregrinos e de quen os acolle

Publicado o 31/10/2019 16:52

Como era o Camiño cando se empezaron a pintar as primeiras frechas amarelas nos anos oitenta, como o vivian os peregrinos daquela, como se transformaron os lugares polos que pasa?... Estas son algunhas das cousas que nos contan no proxecto 'Un Camiño de historias'.

"É vida", "Fantastic", "Magic", "Comunidade", "Unha aventura", "Vivencias", "Unha bendición de Deus"... Estes son algúns do testemuños que forman parte de Un Camiño de historias, un proxecto audivisual que tenta reflectir a evolución dos Camiños de Santiago desde que empezaron a renacer con forza a finais do século pasado.

"É un gran espazo de acollida virtual", di Aser Álvarez, o director do proxecto Un Camiño de historias.

Os narradores dese relato colectivo son os peregrinos de onte e de hoxe, e tamén os habitantes dos lugares formados ou transformados polo paso dos camiños.

Os Camiños fanos os peregrinos, pero tamén a xente que estamos aí, di Paco Castro, peregrino pioneiro e hospitaleiro do Cebreiro.

Un Camiño de historias pretende incidir nisto fomentando a interacción dos escolares dos lugares do Camiño cos peregrinos e tamén cos seus maiores para que reparen na significación da ruta a todos os niveis. 

"É unha aventura", "Un medio de vida", "Se non hai peregrinos, os cuartos quedan baleiros..."din algunhas testemuñas.

De momento, a nivel local, fixáronse especialmente en dous puntos de entrada dos Camiños en Galicia, Oia e O Cebreiro, pero esperan que a propia dinámica do proxecto o vaia levando a outros lugares.

"A xente que queira vai poder clicar aquí, rexistrarse e empezar a a subir as suas historias", di Manuel Pan, director de Phottic, a plataforma web de Un Camiño de historias.

"People", "Change", "Para min é un camiño normal"... seguen dicindo os testemuños no vídeo promocional de Un Camiño de historias.

Noticias web

31/10/2019